sábado, 25 de abril de 2009

As Brañas




No concello de Sada (A Coruña) existe un humidal catalogado no Inventario de Humidais de Galiza chamado Brañas de Sada constituíndo un Espacio Natural relevante dentro das mariñas ártabras.
Nun intento de dar a coñecer e preservar este espazo único, creouse por iniciativa da delegación de As'mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural (S.G.H.N.), esta páxina, coma fiestra ó mundo.
Os humedais posue un gran valor na conservazón de especies e variedades animais e vexetais, e polo tanto representa un activo fundamental para o equilibrio ecolóxico e a biodiversidade. da súa importancia e singularidade.





A conservazón e recuperazón das Brañas de Sada, evitando o seu deterioro medioambiental, contribuirá a un notabel aumento de recursos económicos e de benestar social a través da oferta dun lugar para o lecer, a educazón medioambiental e, en definitiva, para garantir a permanenza dun espazo natural protexido para as xenerazóns futuras.Para elo requirense medidas activas que garantan a sua conservazón e protección, así como para a sua valorizazón como factor de sostibilidade no desenvolvemento económico e social de Sada.

0 comentarios: