miércoles, 21 de octubre de 2009
lunes, 7 de septiembre de 2009
Saida a Serra Faladoria e Rio Sor- 13 Setembro
Publicado por Sociedade Galega de Historia Natural As Mariñas en 3:21 0 comentarios
miércoles, 26 de agosto de 2009
Observacion de estrelas 28/08/09
Publicado por Sociedade Galega de Historia Natural As Mariñas en 4:54 0 comentarios
Etiquetas: Actividades
lunes, 15 de junio de 2009
Laxe - Camelle
Estas son algunhas das fotos que fixemos na saída de onte. Dende os penedos de Traba, subindo e baixando, subindo e voltando a baixar chegamos ata a lagoa de Traba, cruzando a duna ata a praia paseamos pola costa disfrutando do moldeado caprichoso das rochas polo mar, ata chegar a Camelle, onde de boa gana houbéramos feito unha visita ó vello Man. Foi unha ruta interesante dende moitos puntos de vista:
Paisaxístico:
Publicado por Sociedade Galega de Historia Natural As Mariñas en 5:03 0 comentarios
domingo, 7 de junio de 2009
Saída á Lagoa de Traba
Publicado por Sociedade Galega de Historia Natural As Mariñas en 8:13 0 comentarios
sábado, 30 de mayo de 2009
Fraga de Anllares
O pasado 4 de Xaneiro de 2009 os integrantes da SGHN das Mariñas realizamos unha ruta para tantear o terreo da fraga de Anllares e consideramos a zona de gran importancia ecolóxica polo que pedimos que sexa incluida na próxima rede Natura
Publicado por Sociedade Galega de Historia Natural As Mariñas en 12:58 0 comentarios
Etiquetas: Saídas ó campo
domingo, 17 de mayo de 2009
Saída á Capelada
Publicado por Sociedade Galega de Historia Natural As Mariñas en 3:43 1 comentarios
Etiquetas: Saídas ó campo
jueves, 14 de mayo de 2009
Proxima charla : Horta familiar e ecolóxica, Venres 15 Maio
Publicado por Sociedade Galega de Historia Natural As Mariñas en 3:15 0 comentarios
Etiquetas: Actividades
sábado, 25 de abril de 2009
Historia das Brañas
Considerase de orixe artificial, dado que sobre os prados húmidos que conformaban as brañas, desenvolveuse no século XX ate ben entrados os anos 60, unha gran actividade industrial de producción de tellas e ladrillos chegando a existir ata 17 telleiras. Estas necesitaban extraer o barro abrindo pozos, os barreiros, que son a orixe das charcas permanentes existentes na actualidade. Grazas a inaccesibilidade da zona húmida e ó seu aceptable estado de conservación, dito humidal alberga algunhas especies protexidas de interese comunitario (DIR 92/43/CEE), estatal (R.D. 439/1990, polo que se regula o Catálogo de Especies Ameazadas) e incluso de interese para Galiza.Entre as aves podemos destacar a presencia de aves coma a garza real (Ardea cinerea L.), lavancos (Anas platyrhynchos L.) e galiñola negra común (Fulica atra L.).
Dentro dos réptiles existe o escáncer común europeo (Anguis fragilis L.) e no caso dos mamíferos é destacable a presencia da lontra (Lutra lutra L.) así como turón (Mustela putorius L.) e donosiña ( Mustela nivalis L.).
Tamén é de mencionar a riqueza da comunidade de anfibios (Hyla arborea L., Rana temporaria L., Chioglossa lusitanica L.e outros) xunto coa presencia menos frecuente de outras aves acuáticas invernantes. En canto á vexetación é moi importante a existencia dun bosque aluvial de ameneiros, salgueiros e freixos (hábitat prioritario de interese comunitario, de código 91E0) nas súas ribeiras. Pero, por suposto, existe unha vexetación lacustre nas beiras das lagoas como a palla real (Thypha latifolia L.), antela (Scirpus lacustris L.), Espadana amarela (Iris pseudacorus L.) ou salgueiriño (Lythrum salicaria L.). Dentro das plantas acuáticas destacan o ambroiño (Nymphaea alba L.), Utricularia australis R.Br., Lentella de auga (Lemna minor L.) e espiga de auga (Potamogeton polygonifolius Pourret).
Publicado por Sociedade Galega de Historia Natural As Mariñas en 6:29 0 comentarios
As Brañas
Nun intento de dar a coñecer e preservar este espazo único, creouse por iniciativa da delegación de As'mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural (S.G.H.N.), esta páxina, coma fiestra ó mundo.
Os humedais posue un gran valor na conservazón de especies e variedades animais e vexetais, e polo tanto representa un activo fundamental para o equilibrio ecolóxico e a biodiversidade. da súa importancia e singularidade.
A conservazón e recuperazón das Brañas de Sada, evitando o seu deterioro medioambiental, contribuirá a un notabel aumento de recursos económicos e de benestar social a través da oferta dun lugar para o lecer, a educazón medioambiental e, en definitiva, para garantir a permanenza dun espazo natural protexido para as xenerazóns futuras.Para elo requirense medidas activas que garantan a sua conservazón e protección, así como para a sua valorizazón como factor de sostibilidade no desenvolvemento económico e social de Sada.
Publicado por Sociedade Galega de Historia Natural As Mariñas en 6:16 0 comentarios
Etiquetas: Brañas